¡DÍA MUNDIAL AUTISMO!

02.04.2022 14:00
Hoxe día 2 de abril, conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) constitúe unha forma diferente de percibir, comprender e relacionarse co mundo que lles rodea
Por iso, dende a Asociación Trascos queremos visibilizar o TEA e sensibilizar e concienciar á sociedade para favorecer a súa inclusión en todos os ámbitos
Reclamamos o dereito das persoas con autismo e as súas familias a disfrutar "dunha feliz viaxe pola vida", para que teñan a mellor calidade de vida e os apoios especializados que necesitan en cada etapa do seu ciclo vital.