Xuntanza: Ilumínao de Azul

25.03.2017 11:51

Para celebrar o “2 de abril de 2017”, Día Internacional das Persoas con Autismo, desde a Asociación de Familias de Trastornos da Comunicación Social (Trastornos do Espectro Autista) de Ourense, participaremos nunha xuntanza conxunta coa Asociación Autismo Ourense, que se realizará no entorno das Burgas, a cal constitúe un símbolo da cidade de Ourense, que será iluminada de azul polo Concello.

Por este motivo, invitamos a toda a sociedade ourensá a participar con nós nesta xuntanza, que terá lugar o día 1 de abril, ás 22:00 horas, onde as persoas con Trastorno do Espectro Autista lerán un manifesto a pro da inclusión social e dos dereitos das persoas que conforman este colectivo.

¡Moitas grazas pola vosa participación!. 
Rompamos Xuntos Barreiras Polo Autismo.
Fagamos unha sociedade accesible.