18 de Febreiro: Día Internacional da Síndrome de Asperger

18.02.2021 11:21

Hoxe, xoves día 18 de Febreiro de 2021, a Asociación de Familias, Profesionais e Investigadores/as de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Ourense (TRASCOS) quere visibilizar O Día Internacional da Síndrome de Asperger.

Para a asociación é un día importante porque nos axuda a difundir o trastorno e a sensibilizar á sociedade con respecto ás necesidades que se atopa unha persoa con Síndrome de Asperger ao longo da súa vida. A Síndrome de Asperger constitúe unha forma diferente de percibir o mundo que lles rodea, de comprendelo e, polo tanto, de relacionarse con él. Por isto, é importante facilitar e favorecer a inclusión de estas persoas na sociedade.

Dende TRASCOS intentamos que cada vez sexa máis xente a que coñeza o Trastorno do Espectro Autista e, por isto, gustaríanos que nos axuden a difundilo para, lograr entre todos e todas, una completa inclusión educativa e psicosocial de estas persoas.