2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

02.04.2021 10:11
Hoxe día 2 de abril do 2021, conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Dende a Asociación de Familias, Profesionais e Investigadores/as de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Ourense (TRASCOS), queremos visibilizar ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e sensibilizar e concienciar á sociedade para favorecer a intervención debidamente planificada dentro dunha escola inclusiva, baseada na mediación psico-social e educativa.
As persoas con TEA caracterízanse fundamentalmente por unha forma diferente de percibir, comprender e relacionarse co mundo que lles rodea. Por iso, é importante favorecer a inclusión educativa e social de estas persoas.
É responsabilidade de todas e todos contribuir a mellorar a súa calidade de vida.
Co lema deste ano, “AS PERSOAS CON AUTISMO PRETO DE TI”, queremos destacar que todos somos diferentes e temos determinadas fortalezas que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis xusta, solidaria e respectuosa coa diversidade.