Marcha Azul polo Autismo

25.03.2017 11:43

Para celebrar o “2 de abril de 2017”, Día Internacional das Persoas con Autismo, desde a Asociación de Familias de Trastornos da Comunicación Social (Trastornos do Espectro Autista) de Ourense, faremos unha Marcha Azul polo Autismo conxunta, coa Asociación Autismo Ourense que percorrerá a cidade de Ourense como acto para a súa celebración.

Por este motivo, invitamos a toda a sociedade ourensá a participar con nós nesta marcha, que sairá desde o Parque de San Lázaro, o sábado, día 1 de abril, ás 21:30 horas, ata as Burgas, símbolo da cidade, que será iluminada de cor azul polo Concello, e onde os nenos e nenas con Trastornos do Espectro Autista lerán un manifesto a pro dos dereitos sociais das persoas que conforman este colectivo.

¡Moitas grazas pola vosa participación! Rompamos Xuntos Barreiras Polo Autismo.Fagamos unha sociedade accesible.