Xornada Cultura e Autismo

08.10.2019 10:21

A Federación Autismo Galicia organiza esta xornada en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que se celebrará o día 22 de Outubro de 9 a 14 horas no auditorio do CGACC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

 

Na xornada están previstas varias intervencións entorno ao debate e experiencias da situación actual da cultura en relación ao TEA. No percorrido da mañá intervendrán o profesor Moisés de Lemos Martins, catedrático da Universidade do Minho coa conferencia maxistral: "A comunicación e a información na cultura". O director do CGAC, Santiago Olmo, expoñerá na súa intervención o tema "Un museo aberto: espazo de integración". Falando xa dos programas culturais específicos para persoas con Transtorno de Espectro Autismo (TEA) participarán Encarna Lago, xestora cultural e xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e Carolina Casal Chico, museóloga e conversadora achegándonos o proxecto "Ti en min, eu en ti. Museos con Todxs". Laura Donis achéganos a experiencia: "Empower Parents. Tamén contaremos cun espazo de reflexión que mire cara dentro das nosas entidades recollendo e promovendo experiencias culturáis nos centros e servizos membros da Federación Autismo Galicia. A cargo de Macarena Blanco Delgado, psicóloga de Fundación Menela. Responsable do Servizo de Diagnóstico e Atención Temperá. E Lidia Reyes Bernal, psicóloga de Asociación Aspanaes. Centros de atención diurna de Castelo e Villestro.

 

No mesmo acto presentarase o nº23 da revista Maremagnum (publicación galega sobre o Trastorno do Espectro do Autismo), que leva o título da propia Xornada e que da conta a través dos autores que colaboran neste número da Cultura no eido tan singular das persoas con TEA.

 

Dirixida a profesionais do ámbito cultural, educativo, da mediación cultural,  da intervención social, da reflexión filosófica ou da comunicación estudantando das mesmas áreas, familiares e persoas con TEA, a contorna asociativa da discapacidade, e a calquera ourtra persoa interesada.

 

A inscrición é aberta e gratuíta ata completar o aforo do Auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).